A partir deste venres a monfortina rúa Castelao terá sentido único de circulación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Tráfico informa que, por petición veciñal, procederá a establecer o sentido único de circulación na rúa Castelao da nosa cidade.

Trátase dunha rúa de reducido ancho na que pode estacionarse nunha das súas marxes. Esta situación dificulta en gran medida a circulación de vehículos en dúas direccións.

Co obxecto de poder manter o estacionamento de vehículos nunha das marxes da rúa e a finalidade de garantir a seguridade dos peóns e dos automobilistas, a concellería de tráfico decidiu que esta rúa teña sentido único de circulación, dende a rúa do Reboredo e cara á rúa Escultor Francisco Moure.

A primeira hora deste venres, día 29 de agosto, o Concello procederá a sinalizar o cambio na circulación de vehículos pola rúa Castelao instalando tres sinais: un de dirección única na confluencia coa rúa Reboredo, un de prohibido o paso na confluencia da rúa Castelao coa rúa Escultor Francisco Moure, e un sinal de stop para os que acceden a Francisco Moure dende a rúa Castelao.

27 de agosto de 2014 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.