A muller achada morta na entrada dun establecemento da Coruña faleceu por unha patoloxía pulmonar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+
Europa Press

A muller achada morta na entrada dun establecemento da rúa Rego de Auga en A Coruña faleceu de “anoxia anóxica” -un trastorno pulmonar que reduce a cantidade de osíxeno que chega aos tecidos-, de acordo co avance da autopsia, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Pendente de determinar que produciu a “anoxia”, polo momento o avance da autopsia non ve “indicios de criminalidade” e atribúe o sucedido a unha “morte natural”.

No informe forense, non consta tampouco “golpe ningún, malia que se apuntara a que a muller, duns 40 anos, presentaba un golpe na cara.

O seu corpo apareceu na mañá do sábado na entrada do citado establecemento, nun lugar onde adoita durmir unha parella de vagabundos, segundo precisaron fontes policiais.

A muller sairía da súa vivenda a tarde do pasado venres para acudir a un concerto programado na praza de María Pita, aínda que o seu corpo foi localizado á mañá seguinte na entrada do citado establecemento comercial.

11 de agosto de 2014 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.