A modificación de crédito que se elevará ao pleno sanearía ao Concello de Ourense
A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa xuntanza desta mañá a inclusión no próximo pleno ordinario do mes de setembro, que se celebrará o venres día 5, dos expedientes de modificación de créditos suplementos de crédito 2P/2014 e créditos extraordinarios 1P/2014. O ditame recibiu os votos favorables do PSdeG PSOE, e a abstención dos restantes grupos políticos (PP, BNG e DO).
O expediente de modificación de crédito modalidade suplementos de crédito 2P/2014 fai referencia á amortización de débeda, por importe de 12.874.981 euros. Con estes datos, a taxa de endebedamento, que a día de hoxe se sitúa en torno ao 51%, coa amortización prevista quedaría próxima ao 37%.
Así mesmo, o expediente de modificación de créditos modalidade créditos extraordinarios 1P/2014, destinarase a débedas pendentes de pago, cunha modificación de 716.372 euros
Os dous expedientes serán financiados con cargo ao Remanente de Tesourería do Concello de Ourense para gastos xerais.











