A Garda Civil detivo en Cambados ao suposto autor dun delito contra a saúde pública
O pasado fin de semana e dentro do marco do amplo operativo de seguridade que a Garda Civil montou con motivo da celebración da “Festa do Albariño” na localidade de Cambados, compoñentes do Posto desta localidade, prestando Servizo de Seguridade Cidadá e en prevención do consumo e venda de estupefacientes a pequena escala, procederon á detención de L.G.P., de 40 anos de idade e veciño de Rianxo (A Coruña), como suposto autor dun delito contra a saúde pública, venda de estupefacientes a pequena escala na localidade de Cambados.
Cando os axentes procederon á súa identificación, tentou desprenderse dunha bolsa de plástico que gardaba no peto, que contiña sete envoltorios de cocaína, resistíndose á súa detención con patadas, cotenadas e empuxóns aos gardas civís.
O detido, que conta con antecedentes policiais, foi trasladado ás dependencias oficiais do referido Posto para a instrución das correspondentes dilixencias, quedando en liberdade coa obrigación de presentarse no Xulgado de Instrución número UN de Cambados, cando para iso sexa requirido.











