A Fonte do Castro volverá a brillar a partir desta noite co prendido da iluminación interior
A Fonte do Castro volverá a brillar esta noite como co prendido da iluminación interior instalada no vaso cos traballos de rehabilitación e posta a punto levados a cabo polo Concello nas últimas semanas. Co acendido da iluminación esta noite dánse por rematadas as obras cuxo proxecto redactou a oficina das Áreas de Rehabilitación Integrada co obxecto de recuperar a emblemática fonte que preside a Praza do centro histórico de Vilagarcía.
A empresa Construpama foi a encargada de realizar os traballos cos que a Fonte gaña máis presenza e protagonismo na contorna da Praza. Ademais do proceso de limpeza, restauración de pezas e encintado, impermeabilizouse o vaso da construción no que tamén se instalaron luces leed somerxibles, arranxáronse os sistemas de fontanería e colocáronse billas de bronce novas para que a auga volva a brotar da fonte.
A estética da contorna da fonte tamén se realzou co acondicionamento do pavimento de pedra que a rodea e coa retirada do farol con pedestal octogonal situado fronte a ela. Esta peza non era un elemento orixinal da Praza, senón que se colocou hai dúas décadas cando se procedeu a cambiar o pavimento da zona, e restaba protagonismo ao elemento central que é a fonte catalogada como patrimonio local.











