A festa “house” que se anunciaba en Vilagarcía a través das redes sociais foi anulada por carecer de permisos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Festa “house” que se estaba anunciando a través das redes sociais para a madrugada previa á Festa da Auga non se celebrará. Tras ter coñecemento do evento a través dos medios, o Concello fixo as pesquisas oportunas ata dar coas persoas que promovían a festa para comunicarlles que carecían de permiso e que, pola tanto, prohíbese a súa celebración.

Polos datos que figuran no cartel co que se promocionaba o evento previsto na explanada TIR, o Concello dirixiuse aos feirantes que acoden ás festas de San Roque para preguntarlles se sabía algo ao respecto. Como se puido averiguar, a festa promovíana familiares dos titulares dunha bocatería ambulante e posto de patacas fritidas e dunha das atraccións. Tras localizalos, persoal do Concello comunicoulles a prohibición de realizar a festa para a que nin contaban con autorización do Concello nin do Porto, nin tampouco solicitaran ningún permiso.

A devandita festa que se anunciaba coa actuación dun DJ e a venta de comida durante toda a madrugada quedou anulada, advertindo o Concello que no caso de non acatar a prohibición, adoptaranse as correspondentes medidas sancionadoras das infraccións detectadas e impediráselle aos feirantes responsables ou ligados ao evento volver a instalar os seus postos en Vilagarcía.

12 de agosto de 2014 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.