A Feira de Artesanía Chalana regresa ao peirao de Raxó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPoio
A-
A+

Este venres 8, ás 20:00, a Feira de Artesanía Chalana volve ao peirao de Raxó como mostra de artigos eleborados a partir de marterias primas e deseño galego, mais con importantes novidades.

Nesta edición, a artesanía ven acompañada de postos adiacados á promoción e venda de produtos locais: conservas Cámping, o vermú Nordesía e a xenebra Nordés, queixos galegos e a cervexa artesá de Poio, Meiga.

Ademais dos pasarrúas e actuacións de música tradicional da Escola de Música Tradicional de Poio os sábados á tardiña e os domingos a mediodía, a Asociación de Hostelería de Raxó presenta unha interesante e atractiva iniciativa para as noites do domingo 10, luns 11, martes 12 e mércores 13 de agosto: o Raxonita Music Festival. No peirao de Raxó a partir das 11 da noite, contaremos coas actuacións de grupos de música locais e da contorna: o rock bravú de Champurrada, o cuarteto jazz de Virxilio da Silva, os sons de cine de A Dolce Vita, e o rock dos ’70 de Foxy Freire.

O Concello de Poio promociona este evento que ten como finalidade ampliar e diversificar a oferta cultural nos meses do verán, dando alternativas de lecer á veciñanza e aos visitantes, ao tempo que serve como escaparate para os produtos de Poio e dinamiza o sector hosteleiro e a economía local.

Na xornada inaugural, este venres ás 20 h., entregaranse os recoñecementos aos locais gañadores do concurso de Pinchos da Terra, que se celebrou na primeira quincena de xullo: os establecementosTito Mexillón, Ferretti e Amura, que foron escollidos como primeiro, segundo e tercer gañador por un xurado composto por chefs do Grupo Nove, nunha cata realizada o pasado 24 de xullo no Centro Cultural Xaime Illa.

A Feira Chalana estará no peirao de Raxó ata o domingo 17, todos os días a partir das 20 h e os domingos a mediodía.

6 de agosto de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.