publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra investirá 550.000 euros na mellora da estrada provincial Gondomar-Chaín-Morgadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarPontevedra
A-
A+

A Deputación investirá 550.625,89 € nas obras de mellora e acondicionamento da EP-2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns, segundo o acordou esta mañá a Xunta de Goberno, que aprobou o proxecto de actuación.

As obras teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria na estrada, xa que na actualidade posúe tramos de escasa visibilidade e carece de espazo suficiente para o tránsito dos veciños dos distintos núcleos. Limparanse e rozaranse as marxes, anchearase a estrada e crearase unha senda peonil.

Así mesmo, renovarase a pavimentación da vía e procederase á súa sinalización horizontal e vertical, ademais de canalizar as augas pluviais e substituír os diferentes muros e servizos afectados por estas obras.

Os traballos permitirán mellorar a visibilidade e facilitarán o tránsito de peóns e do tráfico rodado.

8 de agosto de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.