publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra destina 112.000 euros ao saneamento dunha parroquia de Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraValga
A-
A+

A Deputación de Pontevedra destina 112.253,49 euros ao Concello de Valga para dar continuidade aos traballos de saneamento de Casal de Eirigo, na parroquia de Setecoros.

A axuda, que forma parte do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais, ten por obxecto dar servizo ás vivendas do antedito núcleo que na actualidade carecen de saneamento e se están a servir de pozos negros individuais.

Os traballos consistirán na instalación dunha rede de colectores e os correspondentes pozos de rexistro, que serán de aros de formigón prefabricados, con soleira de formigón e tapa con cerco de ferro fundido.

Esta obra forma parte das actuacións que o concello está a acometer nos distintos lugares do municipio, co obxecto de ampliar esta infraestrutura básica a todos os lugares do concello.

11 de agosto de 2014 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.