A Deputación de Lugo súmase á concentración en repulsa do acto violento en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Deputación sumouse á concentración convocada polo Concello de Chantada en repulsa do acto violento acontecido a pasada noite nesta localidade, do que resultou ferida grave unha veciña de 32 anos de idade.

Pilar García Porto, Deputada de Economía, Recadación e Facenda, participou na concentración diante da Casa da Cultura chantadina. Fíxoo en representación do Goberno Provincial,  que “condena este brutal acontecemento e amosa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, sempre inxustificada e sen sentido”.

O organismo provincial traslada o seu apoio ós familiares e amigos da veciña de Chantada que permanece ingresada en estado moi grave.

27 de agosto de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.