publicidade hoxe

A Deputación de Lugo instalará máis de 30 paneis solares no pavillón multideportivo e piscina climatizada de Monterroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonterroso
A-
A+

A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contratación, por valor de 65.000 euros, das obras de instalación dun sistema de captación solar térmica para a produción de agua quente sanitaria nos vestiarios do pavillón multideportivo de Monterroso e o quecemento do vaso da piscina climatizada, que inclúe este complexo.

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que “colocaremos máis de 30 paneis solares, que permitirán reducir a factura enerxética destas instalacións públicas municipais nun 60%, con 8.500 euros menos ó ano en gastos de combustible, cando Galicia é a Comunidade de España cos prezos máis altos debido á pasividade de Feijóo. Continuamos coa nosa aposta polo emprego das enerxías renovables para a reducir de gastos correntes e o coidado do medio ambiente. Este sistema evitará a emisión á atmosfera de 20,5 toneladas de CO2”.

Mellora de rutas de sendeirismo

A sesión acordou iniciar o proceso de contratación de obras de mellora en rutas de sendeirismo na provincia, por valor de 234.7460 euros, financiados nun 80% por fondos europeos do Lug02. Por obriga da Unión Europea, serán, principalmente, as situadas nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, aínda que, en menor medida, tamén se levarán a cabo melloras en rutas doutras zonas. Anteriormente, tamén con 130.000 de fondos europeos do Lug02, a Deputación mellorou 12 rutas de sendeirismo. Foron un total de 82 os quilómetros acondicionados no Paseo do Río Rato, na ruta de Lugo ó Piago e na ruta da Fervenza. 

“Rectificación do PP” sobre a planta xudicial

Martínez valorou a “rectificación do Partido Popular” sobre o anteproxecto da planta xudicial. O voceiro salientou que “alégrome de que o PP recapacitase logo das protestas desta Deputación, dos Alcaldes, da oposición e de toda a cidadanía, aínda que, vindo dun Goberno mentiroso, que fai o contrario do que di, recibo esta nova con prudencia. Estou profundamente preocupado porque os gobernos do PP en España e Galicia son pouco serios. E o que é peor, teño a sensación de que as únicas boas noticias que chegan dende a dereita son as que se producen cando dan marcha atrás e se rectifican a si mesmos. Primeiro deixan ver a súa cara real, por exemplo coa reforma xudicial ou coas Leis de Seguridade Cidadá e do Aborto, para comprobar ata onde aguantan os cidadáns. Logo, ó ver o rexeitamento que producen as súas políticas e darse conta de que hai eleccións cerca, rectifican ata mellor ocasión. Espero que tamén rectifiquen coas leis do Aborto ou da Seguridade Cidadá e non continúen coa privatización dos dereitos ós cidadáns”.

1 de agosto de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.