A Deputación da Coruña investirá 80.000 euros nunha senda peonil na DP 1702 ao seu paso por Sigrás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambre
A-
A+

O pleno da Deputación da Coruña aprobou na última sesión levar a cabo un investimento de 79.400,07 euros para mellorar a seguridade viaria da DP 1702 ao seu paso por Sigrás, no Concello de Cambre. En concreto, a actuación se desenvolverá entre o punto quilométrico 1,887 e o punto quilométrico 2,270 da estrada provincial.

As obras, que se inclúen na segunda fase do Plan de Travesías Provincial do 2014, permitirá executar unha senda peonil de formigón delimitada por un bordo de formigón bicapa gris e a recollida de pluviais con tubaxe baixo a beirarrúa e os sumidoiros e pozos de rexistro cada 50 metros. Ademais, realizarase a preinstalación da canalización da iluminación pública.

Na actualidade, o tramo da estrada que se vai a urbanizar atópase con marxes constituídas por cunetas naturais e varios accesos nos 389 metros do seu percorrido.

4 de agosto de 2014 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.