A Deputación da Coruña concede 50.000 euros para varias ONG destinados a proxectos humanitarios no exterior
A Deputación da Coruña mantén o seu compromiso de seguir colaborando con proxectos solidarios de carácter internacional e así, no último pleno decidiu destinar 50.000 euros a varias ONG para proxectos humanitarios no exterior.
Por unha banda, renovará o seu compromiso co proxecto do Instituto de Liderazgo das Segovias, no municipio de Mozonte de Nueva Segovia, Nicaragua, que leva a cabo a ONG Solidariedade Galega. A iniciativa vai xa pola cuarta fase e agora se centrará na construción da cociña e do comedor para o que o ente provincial destinara 35.000 euros, o 80% do orzamento total que chega aos 44.000 euros.
A Deputación da Coruña xa leva anos colaborando coa posta en marcha deste instituto. Achegou ata un total de 99.000 euros tanto para o proxecto construtivo coma para a urbanización do seu entorno e a dotación das aulas didácticas, ao que agora se suma esta nova achega.
O obxectivo do proxecto é satisfacer as demandas dos habitantes máis novos da zona, especialmente mulleres, e mellorar a súa calidade de vida.
Loita contra a enfermidade de Chagas
Por outra banda, a Fundación Axuda en Acción recibirá 15.000 euros do ente provincial para o seu proxecto de fortalecemento das capacidades locais para a prevención da enfermidade de Chagas, na zona vulnerable de Huacaya del Chaco Boli.
A iniciativa da ONG pretende diminuír a vulnerabilidade das familias indíxenas e guaraníes do Chaco Boliviano fortalecendo o sistema local de saúde e as capacidades da comunidade para a prevención desta doenza. Preténdese beneficiar directa ou indirectamente a 189 familias de sete comunidades campesiñas, en total unhas 746 persoas.
Na práctica, executaranse 12 vivendas o que capacitará aos promotores locais na construcción e no mantenemento de viviendas, así como no fortalecemento da rede comunitaria con obradoiros de capacitación.
Todas estas actuacións levaranse a cabo en colaboración coa Fundación Intercultural NOR SUD, entidade con experiencia na defensa dos dereitos indíxenas e interculturais, no desenvolvemento económico, na educación e a saúde. Cos 15.000 euros da Deputación financiarase material, mano de obra e transporte. En total, o 40,32% do proxecto, que ten un custe de 37.199,88 euros.











