A Deputación concede a Cangas 197.408 euros para a humanización da rúa Pablo Iglesias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, conceder ao Concello de Cangas 197.408 € para humanizar, mellorar e dotar de novo pavimento á rúa Pablo Iglesias situada no casco vello da vila.

Trátase dunha actuación de 345,35 m2 dentro do casco vello de Cangas para a completa reposición de servizos e pavimentación. No traballo, sustituiránse as instalacións de saneamento, abastecemento e iluminación, e cambiaráse o pavimento actual por un solado de pedra similar ao das rúas adxacentes.

A actuación completará a das rúas que están entre a avenida Eduardo Vicenti e rúa do Hío. Son: a praza da Constitución, a rúa Félix Soage, Pablo Iglesias, Antonio Garelly, rúa do Arco e praza do Arco. Toda esta zona precisa un plan de reactivación, modernizando as instalacións esistentes e potenciando os valores arquitectónicos da Construcción Mariñeira que ainda se conserva nalgunha casa.

A intervención hoxe aprobada pola xunta de goberno da Deputación de Pontevedra humanizará a rúa, a mellorará e a gañará para uso do cidadán de a pé.

1 de agosto de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.