A compañía Acrópatas ofrecerá un espectáculo de malabares e acrobacias na praza da Quintana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O ciclo Verán na rúa trae a tradición circense á praza da Quintana. A compañía Acrópatas representa Next player este mércores 13 de agosto ás 19:30 horas. Dous artistas herdeiros dunha ampla tradición circense presentan un espectáculo trepidante coas técnicas máis espectaculares: malabares, acrobacias, equilibrios, portés acrobáticos e risas aseguradas.

12 de agosto de 2014 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.