A comisión de festas ultimas os detalles para a gala musical da Festa do Cristo
A Comisión de Festas traballa no peche dos últimos flecos para a organización da Gala Musical do próximo venres, un dos actos centrais da programación das Festas do Cristo. Este martes mantívose unha reunión na Casa da Xuventude entre o concelleiro e presidente da Comisión de Festas José L. Gestido e técnicos municipais para ultimar a organización do evento. Tamén se abordaron a realización doutros eventos en datas próximas que terán lugar na vila como a Concentración Internacional de Policias Motoristas que terá lugar o venres ou a Exposición de Coches Clásicos o domingo así como a celebración do Proxecto Fusión, unha das actuación máis novidosas do programa deste ano.











