A CIG acusa aos populares de pechar o futuro de Navantia
O sindicato CIG acusou ao Partido Popular de “pechar o futuro de Navantia” e tachou de “falacia” o seu plan do naval para a ría de Ferrol, despois de que a Dirección Xeral da Competencia da Unión Europea rexeitase a construción do dique flotante no estaleiro público por considerar o seu financiamento axudas estatais ilegais.
A resposta de Bruxelas ante a pregunta presentada pola SEPI “pon en entredito”, a xuízo da CIG, as xestións realizadas polo Goberno para conseguir o visto bo da UE ao financiamento da construción do dique flotante.
A sección sindical da CIG no Comité de Empresa de Navantia Ferrol sostén que se evidenciou, tras a resposta da UE, que tanto o Goberno como a Xunta nunca tiveron unha defensa real do sector naval galego nin de Ferrol” e que “sempre foron a remolque da presión social” e se limitaron a “vender fume en cada campaña electoral”.
As críticas da CIG tamén se dirixen á valoración que se ofreceu dende o PP, que responsabilizou o comisario da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, da negativa dada por Europa. O sindicato cre que trata dunha “manobra máis do PP para non afrontar as súas promesas electorais”, e censura que “un partido que goberna na cidade, na Xunta de Galicia, no Estado e tamén na UE” culpe a un Comisario en funcións.
A SEPI NUNCA QUIXO FACER O DIQUE
O sindicato afirma ademais que a SEPI “nunca quixo facer a inversión” para o dique flotante e que “solo ante a presión social” decidiu crear unha comisión de seguimento coa que pretendía “poñelo traballas ao proxecto”, primeiro ao estudio de viabilidade e despois argumentando que se necesitaba unha avaliación da UE.
A CIG recorda que en marzo de 2011 Feijóo anunciara, antes das eleccións municipais, o seu compromiso de presentar un plan para o naval antes do verán, pero que, tras tres anos, “o único Plan foi o de usar os estaleiros como itinerario turístico”.
CHAMADA ÁS PROTESTAS
Malia a negativa de Europa, o sindicato lapa a se mobilizar para reclamar a construción dun dique flotante que “non é un capricho” senón unha “ferramenta fundamental” para “poder seguir no mercado tanto de reparacións coma de novas construcións.
Como argumento para defender a construción desta infraestrutura, explica que no artigo 107 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea se establece que poderán considerarse “compatibles co mercado interior as axudas destinadas a favorecer o desenvolvemento económico” de rexións nas que exista unha grave situación de desemprego, como na que atopa Ferrolterra.











