A choiva obriga a aprazar a visita aos petroglifos dos Ballotes
O Ateneo de Arousa, entidade promotora da IV Longa Noite de Pedras, decidiu pospoñer a visita guiada aos petroglifos dos Ballotes prevista para esta noite debido a choiva prevista para toda a xornada. O mal tempo desluciría a actividade que ten como obxectivo dar a coñecer o significado e valor arqueolóxico e patrimonial do conxunto de petroglifos situados en Bamio.
O Ateneo comunicou esta mañá á decisión ao Concello, que colabora na iniciativa, indicando que nos vindeiros días anunciarase a data definitiva na que se realizará a actividade nos Ballotes, facéndoa encaixar no reto de actividades lúdicas e culturais programadas para estas semanas no marco das Festas de San Roque.











