publicidade hoxe

A Carpa Xplora de Xuventude chega a Lobios, Muíños e Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLobiosMuíñosOurenseXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata as localidades ourensás de Lobios, Muíños e Bande para informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará ubicada na Praza Roxa de Lobios entre as 12,00 e as 14,00 horas; no complexo turístico do Corgo, en Muíños, entre as 16,00 e as 18,00 horas; e na praza da Constitución, en Bande, entre as 19,00 e as 21,00 horas.

A campaña está a desenvolverse por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que, ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

13 de agosto de 2014 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.