A capitanía do Santiago Futsal fala galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Por primeira vez desde que o Santiago Futsal milita na Primeira División do fútbol sala nacional, os capitáns do club serán de procedencia galega. Os lucenses Lucho e Hugo Sánchez e o arzuán Diego Quintela, serán os encargados de levar o brazalete esta tempada, facendo valer os anos de experiencia no club compostelán.

Lucho, que segue co proceso de recuperación da lesión de xeonllo que sufriu a tempada pasada, será o primeiro capitán do equipo, lugar que ocupará Diego Quintela mentres que o do Corgo non se reincorpore ao primeiro equipo. Hugo Sánchez, que cumpre a súa segunda tempada no club, será o terceiro capitán do Santiago Futsal.

Por outra banda, xa podemos facer oficiais os números que levarán esta tempada os xogadores do Santiago Futsal e que vestirán nas súas camisetas a partir de mañá, no Torneo II Desafío Star Center.

1 Marcos Vara

25 Iker López

3 Dani Chinés

4 Lucas Birlo

5 Iván Rumbo

6 Borja

7 Gallego

9 Lucho

10 Marci

12 Chus

13 Pablo Tallón

14 Hugo

18 Kike

19 Santi

23 Diego Quintela

28 de agosto de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.