publicidade hoxe

A Cañiza quenta motores para a Feira do Xamón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Para ir preparando o padal antes da Feira do Xamón que A Cañiza celebrará o 15 de agosto no seu 48 edición, mañá, a partir das 21h, a Praza Maior da Vila acollerá unha exhibición de corte de xamón e unha cata de viños impartida polos profesionais Víctor Burgos e Juan Gil Arjones. O primeiro, experto cortador de xamón e cortador oficial do Hotel de Mondariz Balneario, será o responsable da parte culinaria e Juan Gil Arjones, adegueiro e viticultor da Adega As Furnias, encargarase de impartir o curso de cata de viño.

Nesta xornada os dous expertos crearán unha exquisita sinerxía entre xamón da Cañiza e viños brancos e tintos das adegas da zona. A exhibición está aberta a todos os veciños e visitantes que queiran compartir esta xornada connosco e por suposto será gratuíta.

Da man de Víctor Burgos coñeceremos o bo corte do xamón, descubriremos os trucos para lograr as mellores lonchas e aproveitar ao máximo o produto e daranos unha lección máster de cales son os requisitos que se lle esixen aos mellores cortadores de xamón. Como broche de ouro elaborará varios pratos artísticos co mellor produto destas altas terras da Cañiza: o xamón.

Pola súa banda Juan Gil Arjones penetraranos nos segredos da cata de viño e tentará facernos comprender e descubrir os viños e variedades da nosa zona e como podemos maridarlos co xamón. Ademais nos aleccionará sobre que veu elixir para acompañar ao xamón nas súas distintas variedades culinarias.

13 de agosto de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.