publicidade hoxe

A Cañiza celebra este domingo o III Cros Popular do Xamón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

A pesar de contar con só dúas edicións celebradas, o CROS POPULAR do XAMÓN converteuse nun dos referentes comarcais para os afeccionados a este deporte e así o avala o alto número de participantes destes anos que superou as 300 inscricións.

Un ano máis o CROS celebrarase o último domingo de agosto. Terá a súa saída e meta na zona da piscina de verán das Grades. O pistoletazo de saída darase ás 10h00 e percorreranse 14 km de espazos naturais.

Organizada polo Servizo de Deportes do Concello da Cañiza este evento pecha as competicións de verán.

Aproveitando o alto índice de participación de 2013, nesa 2ª edición púxose en marcha unha iniciativa municipal de recollida de alimentos para o almacén, de forma que todas aquelas persoas que asistisen como participantes e tamén como espectadores podían doar produtos e alimentos básicos non perecedoiros con destino ao Almacén Solidario de Alimentos Municipal da Cañiza.

Considerando o éxito do pasado ano, a organización decidiu volver instalar nesta III Edición un punto de recollida situado no cámping municipal, a escasos 200 metros da localización de saída do Cros, desde as 08h30 ata que finalice a carreira.

O Concello da Cañiza agradece de antemán a colaboración solidaria e tendo en conta o stock de alimentos do almacén e a precariedade de alimentos de primeira necesidade solicita principalmente a doazón de conservas, froita ou legumes en bote, galletas, cacao, leite, tomate frito, azucre, fariña e aceite e produtos de limpeza e aseo persoal, con independencia de que serán ben recibida calquera tipo de doazón.

29 de agosto de 2014 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.