A calidade do comercio local a prezos de oportunidade nos mercados monfortinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Espazo Central do Praza de Abastos volverá abrir as súas portas esta fin de semana, días 16 e 17 de agosto, para acoller un mercado dedicado ás oportunidades do comercio local.

Será o segundo Mercado das Oportunidades organizado polo Concello a través de Mercados de Monforte, despois do celebrado o pasado mes de febreiro, dando continuidade ós mercados para comerciantes locais que se celebran cada mes.

Este Mercado, no que participarán dezasete comercios locais de variada índole, porá á venda produtos de calidade a prezos moi competitivos. Serán unhas rebaixas sobre as propias rebaixas.

Os comercios que participarán neste mercado son

Zapaterías:

Zapatería Isabel: calzado de home e muller

Calzados Kukín: calzado infantil

2pies Calzado: zapatería home e muller

Moda e téxtil:

Mercería Orensana

En Lá: moda, complementos e artesanía

Colorín Colorado: moda infantil

Outlet Bambu: moda muller

Mercería Carmen

Azabache: moda home e muller

Mimos: moda infantil

Kamiro Moda: moda muller

Flora Moda

Acuarela: moda muller e complementos

Munfo Fogar: roupa de fogar

Nita Veiga: lás e pixamas

Varios:

Delux: decoración fogar, velas e xabróns artesanais

White Fang:complementos para mascotas

O Mercado das Oportunidades permanecerá aberto o sábado día 16 dende as 11:00 ata as 14:30 h. e de 18:00 a 21:00 h., mentres que o domingo día 17 estará aberto soamente pola mañá, de 11:00 a 14:30 h.

14 de agosto de 2014 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.