A Biblioteca Municipal de Monforte volve ao seu horario habitual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Monforte recuperará o seu horario de apertura habitual a partir do luns día 1 de setembro, entre as 10:00 e as 13:30 h. polas mañás e de 16:00 a 20:00 h. polas tardes.

Entre o día 14 de xullo e ata o día 31 de agosto, a Biblioteca Municipal permaneceu aberta ó público só en horario matinal. A concellería de Educación e Cultura adoptara esta decisión despois de constatar que nas tardes de verán a asistencia á Biblioteca resultaba practicamente nula, máis agora cando os universitarios/as xa non teñen exames no mes de setembro.

O día 1 de setembro a Biblioteca Municipal recuperará o horario no que abre durante o resto do ano, de 10:00 a 13:30 h. polas mañás e de 16:00 a 20:00 h. polas tardes.

29 de agosto de 2014 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.