A Banda Municipal de Música da Coruña arrinca nova tempada dos Xoves en San Andrés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura informa de que a Banda Municipal de Música arrinca mañá, xoves 28 de agosto, a nova tempada do ciclo Os Xoves en San Andrés.

O programa desta primeira actuación, baixo o título ‘A gaita na banda’, ten como convidado ao recoñecido gaiteiro galego Josele. O concerto comezará ás 20.00 horas.

O ciclo Os Xoves en San Andrés continuará na praza-fonte de San Andrés durante o mes de setembro -os días 4, 11 e 18- e concluirá o mércores 24 de setembro cun programa extraordinario dedicado a ‘A Zarzuela do Mestre Alonso’, unha última actuación do ciclo que será no Teatro Rosalía Castro ás 20.00 horas baixo a dirección de José Luís Represas, director da Banda Municipal de Música.

27 de agosto de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.