A banda de música de Antas de Ulla ofrece un concerto en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

A banda de música de Antas de Ulla ofrecerá un concerto na Praza de España o vindeiro domingo día 17 de agosto ás 23:00 horas.

Esta actuación inclúese no programa “Musiqueando pola Provincia de Lugo”, patrocinado pola Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

A banda de Antas de Ulla fundouse no ano 1896, disolvéndose no ano 1958 ó abandonala os seus mellores instrumentistas para integrarse nas nacentes orquestras. No ano 1985 constituíuse un padroado para refundar a banda, formación que ofreceu o seu primeiro concerto no ano 1987.

Actualmente a banda de antas de Ulla está dirixida por Javier González Borrajo, e mantén unha escola de música que ofrece formación a 22 alumnos/as da comarca.

14 de agosto de 2014 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.