A Baña manterá aberta a piscina ata o 7 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña manterá aberta a piscina municipal ata o 7 de setembro para o disfrute de todos os veciños e veciñas. A pasada semana rematou o Campamento lúdico-deportivo na Área Recreativa Agra de Chans, que tivo lugar durante todo o mes de xullo. Pola súa banda o Campamento Urbano comenzou o 1 de agosto e rematará o día 29 deste mes. Está destinado a nenos de 3 a 12 anos e tamén se desenvolverá na Área Recreativa Agra de Chans en horario de mañán. Os máis novos están aproveitando as xornadas de sol para disfrutar da piscina, que funcionará ata o 7 de setembro. A programación do ‘Verán Voluntario 2014’ na Baña conta cunha serie de actividades e aposta, según informa o propio Concello, “pola conciliación da vida laboral e familiar ofrecendo servizos ás familias durante os meses de xullo e agosto”.

Os cursos de natación tamén remataron nos mes de xullo e contaron con afluencia de nenos e nenas desde os dos catro anos. A Baña conta este ano coa presenza dun importante número de voluntarios e voluntarias tanto por parte da Consellería de Traballo e Benestar, co Voluntariado galego, como por parte do Programa Juventud en Acción co Servizo de Voluntariado Europeo.

 

4 de agosto de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.