A Aula de Música de Oroso abre do 1 ao 5 de setembro o prazo de inscrición
O Concello de Oroso abrirá o prazo de inscrición na súa Aula de Música para o curso 2014-2015 entre o 1 e o 5 de setembro. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. Terán preferencia de acceso as persoas empadroadas no municipio de Oroso.
Quen queiran obter máis información sobre os trámites de inscrición e a oferta formativa da Aula de Música poden chamar ao Centro Cultural (981 69 09 03) de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.











