A área de deportes de Ferrol e o Club praia de Pantín organizan bautismos de surf

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, en colaboración Club Praia de Pantín, organiza “bautismos” de surf na praia de Pantín entre os vindeiros días 26 e 31 do presente mes de agosto (ambos incluídos). O obxectivo desta iniciativa é difundir e fomentar esta modalidade deportiva que ten nas praias de Ferrol e comarca un espazo idóneo para a súa práctica.

Así, a Concellería de Deportes repartirá un total de cen vales para a realización deste “bautismo” de surf entre aquelas persoas que estean interesadas. Os vales pódense recoller a partir de mañá mércores, día 6 de agosto, nas dependencias de Deportes do Pazo Municipal de Ferrol, situadas na planta soto. Repartiranse vales até esgotar os 100 dispoñibles.

As persoas que obteñan o seu vale deberán despois chamar ao número de teléfono que se especifica no mesmo para reservar día e hora en que quere facer o “bautismo” de surf.

5 de agosto de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.