120 traballadores atenden os areais de Vigo durante os meses de verán

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero cifrou hoxe mércores en 120 os profesionais que atenden as praias de Vigo durante os meses de verán. Así o explicou durante unha visita que realizou esta mañá a unha das brigadas de limpeza de praias que atende Samil.

O Concello de Vigo reúne a 120 traballadores atendendo os arenais de Vigo durante os meses de verán, segundo informou Caballero durante a visita a unha das brigadas de limpeza que opera en Samil. Tal e como detallou, son 17 os membros da brigada de limpeza, 28 operarios para zonas verdes, parques e xardíns, 60 socorristas e 15 axentes de Costa e Praia da Policía Local de Vigo.

Concretamente, a brigada de limpeza de praias conta con 17 traballadores, dos que 10 son operarios, 4 oficiais xardineiros e 3 conductores. Caballero afirmou que “a limpeza e atención ás praias é excepcional” e felicitou a todos os profesionais que conforman o dispositivo municipal de praias pola súa tarefa.

13 de agosto de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.