publicidade hoxe

XXIII Reunión de Maiores en Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+

Este xoves, 31 de xullo de 2013, terá lugar nas Illas de San Ramón, en Gres, a XXII Reunión de maiores de Vila de Cruces.

Os actos empezarán ás 12:15 horas coa recepción dos asistentes, para o que se contará coa actuación dun grupo musical.

Ás 13:30 horas celebrarase unha misa, á que seguirá o xantar. Este xantar será a base de empanada, polbo, “carne ó caldeiro” e rosquillas de Piloño, con auga, viño, refrescos e café.

Ás 16:30 farase un recoñecemento ao home e muller de máis idade entre os asistentes.

E a partir das 17:00 horas haberá baile.

Esta reunión non está enfocada unicamente para as persoas maiores, senón que pode participar calquera persoa que o desexe, xa sexa deste concello ou non.

O prezo é de 12 euros para aquelas persoas de 60 ou máis anos empadroadas no Concello de Vila de Cruces e para os nenos de entre 9 e 14 anos. Os nenos menores de 9 anos non pagan. E as persoas menores de 60 anos ou que non estean empadroados no Concello de Vila de Cruces deben pagar 22 euros.

15 de xullo de 2014 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.