Xulio Lorenzo estrea composición na Semana Cultural de Herville
Dentro da programación da XII Semana Cultural-Noites de Verán 2014 de Herville (parroquia de Cela) celebrarase mañá xoves, 31 de xullo, ás 22.00 horas un concerto do gaiteiro mosense Xulio Lorenzo. O evento musical terá lugar no Centro Cultural de Herville.
Xulio Lorenzo, compositor da Muiñeira de Mos e da Alborada Camiño da Rosa, ambas adicadas ó Concello de Mos, actuará mañá en Cela acompañado do seu grupo Xabenga e presentando o seu traballo na Asociación Cultural de Herville que, como se dixo, está a celebrar os actos da súa Semana Cultural. Lorenzo estreará ademais neste concerto a súa nova composición “No Mar Eite Amar”











