X Regata Illas Cíes de Cruceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

O vindeiro sábado disputarase a X Regata Illas Cíes de Cruceiros, para Cruceiros ORC e Cruceiros menores de 23′ que levará á clase ORC a facer o clásico percorrido da volta ás illas e aos menores de 23 pés, a un percorrido pola ría de Vigo. A saída está anunciada para as 13,30 h e espéranse unhas boas condicións de vento para gozar dunha boa regata.

A falta de tres días, as inscricións van a bo ritmo, contando xa en ORC coa participación do “Dom Pedro Hotels” que vén defender o título gañado o ano pasado, o “Bosch Comunication Centre”, outro grande que virá a por o trofeo, ou o local “Balea Dous” gañador da súa clase o ano pasado.

Entre os pequenos cruceiros menores de 23′, cóntase coa participación do “Madeira II”, o “Coco ‘Ile” ou os locais “Mariavera” e “Coveliño”, esperando tamén a habitual participación da flota Sun 2000 de Punta Lagoa.

Ás 19,30 h espérase teña lugar a entrega de trofeos ofrecidos polas firmas Galectra, Ibericamar e a Fundacion Cangas Deporte.

4 de xullo de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.