VII Semana Grande para Pequenos no Carballiño
As actividades físicas, lúdicas e recreativas van ocupando co paso dos anos un lugar cada vez máis importante en todos ámbitos sociais; recoñecéndose a súa trascendencia no desenvolvemento integral das persoas, na mellora da calidade de vida e na súa utilización do ocio e tempo libre, un dos quebradeiros de cabeza da maioría dos pais hoxe en día.
O obxectivo principal de SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS nesta VIII EDICIÓN é conseguir que os nenos/as disfruten co sinxelo, xoguen, experimenten, énchanse de enerxía e optimismo. Queremos que descubran que a partir de sinxelos obxectos son quen de acadar e lograr perfectos obxectos de decoración e xogo. Con elo mellorarán a súa autoestima e as súas habilidades sociais, as que se estimulan e se poñen en funcionamento cando nos socializamos. Estes obradoiros que propoñemos implicarán fantasía, imaxinación e creatividade.
Para participar neste obradoiros non será necesaria inscrición previa senón que será de portas abertas, os nenos que o desexen poderán achegarse á praza maior e compartir as ganas de divertirse.
Nesta semana, onde os nenos/as serán os protagonistas, fomentarase a participación activa entre os participantes e os monitores, estimulando a imaxinación e a autonomía, evitando así ser meros coidadores infantís.
Sendo conscientes de que haberá un amplo abano de idades a partir dos 3 anos, formaranse distintos grupos segundo as idades.
¿Qué obradoiros se van desenvolver:?
Coiro
Camisetas
Pulseiras
Educación medioambiental
Xogos
Maxia
Maquillaxe
Gymkhanas deportivas
Xogo musical “Tú sí que vales”
Obradoiros creativos:
A partir dos 3 anos
Do 14 ó 18 de xullo
De 19 a 21 horas
Na Praza Maior











