Victor Pérez participará na European Basketball Summer League en León

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O adestrador axudante do Rio Natura Monbus, Víctor Pérez, asistirá a semana próxima á European Basketball Summer League, un novo evento baloncestístico que se celebrará en León entre o 14 e o 18 de xullo.

A cita, dirixida polo recentemente nomeado director deportivo do C.B. Clavijo, Jesús Salga, ten como obxectivo reunir a diversos xogadores novos de toda Europa que poidan desenvolver o seu xogo durante unhas xornadas coa intención de mostrarllo a adestradores, axentes ou calquera outro observador que asista a velos.

Ademais, os mozos contarán coas indicacións de adestradores convidados como Gonzalo García de Vitoria, técnico do Club Ourense de Baloncesto, ou Arnau Moreno, adestrador axudante do UCAM Murcia durante a pasada tempada.

Víctor Pérez, que presenciará dous das xornadas do campionato, asegura que “é interesante ver a xogadores novos que precisamente traballan no verán na súa formación. É bo ir coñecendo os seus nomes e quedándose coas súas calidades”. Engade ademais que “é un perfil de deportistas que ao Rio Natura Monbus interésalle, xogadores con ganas de aprender e moito por progresar”.

11 de xullo de 2014 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.