Víctor Gallego bate o record da Sociedade Ximnástica en lanzamento de disco

Victor Gallego
A proba de lanzamento de disco do Trofeo Cidade de Vigo, pasará á historia; Frank Casañas estableceu a mellor marca nacional do ano con 65,03 e o atleta da Sociedade Ximnástica, Víctor Gallego fixo o seu primeiro lanzamento por encima dos 56 metros, con 56,67, novo record da Sociedade Ximnástica, que lle colocan o cuarto do ranking nacional. Ademais na proba competiu o seu compañeiro Martín Brea, que foi terceiro con 49,15 e que tiña até agora a mellor marca da veterana Sociedade.
En Vigo tamén competiron outros atletas da Ximnástica, destacando a vitoria de Fernando Rial na carreira do quilómetro.
Ademais neste último fin de semana previo ao nacional absoluto os atletas pontevedreses multiplicáronse por toda a xeografía nacional, con actuacións en León, Madrid e Pamplona. Destacar os resultados de David Alejandro en Santander, impóndose na carreira de 100 metros con 10.77 e en Vitoria, no Gran Premio da Deputación de Álava, Sergio García foi segundo nunha rifada carreira de 800 metros con 1.52.16.











