Viaxe á costa biscaíña co programa “Imos de excursión”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este xoves 3 ábrese o prazo para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Nesta ocasión a viaxe é a Costa Biscaíña e realizarase do venres 25 ao domingo 27 de xullo. O programa da viaxe achegará os participante á beleza da costa de Biscaia, cos seus espectaculares cantís, praias, calas e diversos recursos naturais e patrimoniais, a través da visita ás localidades de Portugalete, Getxo, San Juan de Gaztelugatxe, Bermeo, Munkana, Lekeitio e Ondarroa.

A viaxe ten un prezo por persoa en habitación dobre de 185 euros (inclúe o autocar gran turismo, pensión completa en hotel en Eibar, guía dende Santiago e seguro de asistencia e viaxe).

A saída do grupo dende Santiago será na madrugada do día 25 (4:00 ou 5:00 horas) e o regreso será tamén na madrugada xa do día 28 de xullo.

A inscrición pode formalizarse a partir deste xoves, 3 de xuño, de 10:00 a 14:00 horas, nos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Conxo ou Santa Marta, e en horario de mañá e tarde nos CSC do Castiñeiriño, Ensanche e A Trisca.

Con esta viaxe do mes de xullo, o programa Imos de excursión chega ao seu ecuador. De setembro e decembro, continuarán as excursións. Nas viaxes realizadas ata o momento inscribíronse 390 participantes.

2 de xullo de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.