VI Torneo de Fútbol 3 x 3 en Verín
Do 05 ao 07 de agosto, a praza García Barbón de Verín acollerá a sexta edición do Torneo de Fútbol 3 x 3, organizado polas Escolas Deportivas e área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín.
Esta iniciativa, realizada baixo o lema ‘Deporte na Rúa’e que conta nesta nova edición con máis categorías debido a demanda existente, está destinada a nenos/as de prebenxamín (2008-2007-2006), benxamín (2005-2004), alevín (2003-2002) e infantil (2001-2000-1999). Pódense formar equipos de nenos e nenas cun mínimo de 3 xogadores/as por equipo (máximo de 5 xogadores/as),
A inscrición para participar neste campionato debe realizarse ata o 01 de agosto no Complexo Deportivo de A Granxa (988-411226) . No mesmo colaboran Cabreiroá e Aever-CCU Verín (Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín).











