publicidade hoxe

Verán cultural e deportivo en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

XVII Liga de Verán de Fútbol-Sala

Tódolos sábados do verán no pavillón de deportes do concello de Bande.

Campionato de Tenis a partir 18 de xullo

Pavillón de deportes a partir das 16:00 h. 5€: menores 16 anos, 10 €: absoluta. Anotarse antes do 16 de xullo no pavillón de deportes. Premios para os 3 primeiros clasificados de cada modalidade: masculina, feminina e nen@s.

1 de agosto

Casa do concello ás 20:00 h. inauguración da exposición “180 anos de historia provincial”

Do 1 ao 14 de agosto

A casa do concello acollerá a exposición: “180 anos de historia provincial”, que poderá ser visitada de luns a venres de 9:00 a 14:30 h.

VII Andaina Popular 2 de agosto

Saída da Praza da Constitución ás 9:00 h. e chegada sobre as 13:00 h. a Porto Quintela. Aperitivos, entrega de recordatorios da proba e sorteos. Aproximadamente 20 km. Inscrición: 5€. Máis información no Pavillón de Deportes.

Campionato de Tute 8 de agosto

Praza da Constitución a partir das 20:30 h. Para que se leve a cabo o campionato será necesario como mínimo 12 e máximo 32 parellas. 10€/parella. Inscrición ata o 1 de agosto na Biblioteca Pública Municipal ou nas oficinas do concello.

Campionato de Forzudos 10 de agosto

Na rúa San Roque a partir das 16:00 h. Trofeos para os tres primeiros clasificados do conxunto das probas. Inscrición ata 30 min. antes do comezo, cun máximo de 15 competidores. Obsequio recordatorio para tódolos participantes. Máis información no pavillón de deportes. Anímate e demostra que es o máis forte!!!

Exposición Fotográfica 11 ao 26 de agosto

Na biblioteca pública municipal. Exposición das fotografías gañadoras no concurso “O bosque máxico”. De luns a venres de 9:30 a 14:00 h.

XVIII Feira-Mostra de Recursos Endóxenos 12 e 13 de agosto

Praza da Constitución. Horario ininterrompido de 12:00 a 24:00 h. (día 12). e de 10:00 a 24:00 h (día 13). Artesanía, gastronomía, produtos locais, información turística, zona de pinchos.

12 de agosto

Na praza da Constitución ás 20:00 h. “Migallas teatro” realizará o espectáculo “merenda con pan de millo”, onde se conxugan teatro e danza.

Atrévete e Xoga Connosco Espectáculo Tecnomaxia 13 de agosto

Na rúa San Roque a partir das 17:00h xogos de auga e fariña. Vén preparado e non te esquezas de traer o bañador. Na praza da Constitución ás 20:00 h. “Mago Richard”.

Xornadas Internacionais de Folclore 19 de agosto

Na praza da Constitución ás 20:30 h. Grupos folclóricos de Sudáfrica, Arxentina e Rusia.

VI Mini-Campamento Lúdico de Bande 19, 20 e 21 de agosto

Disfruta con obradoiros, xogos acuáticos, sendeirismo, veladas nocturnas, etc. Dirixido a nen@s de 8 a 15 anos. Participantes, mínimo: 15 nen@s, máximo: 25 nen@s. Inscrición antes do día 14 de agosto. Máis información no pavillón de deportes.

XXI Marcha Cicloturista “Baixa Limia” 23 de agosto

Saída da gasolinera ás 18:00 h. Premios nas diferentes categorías: bici carreiras, mountain bike, feminina, menor 18 anos, clube máis inscritos, ciclista máis vello, ciclista máis novo.

24 de agosto “Conto Contigo”

Na praza da Constitución ás 19:30 h. Contacontos, títeres e maxia.

Ludoteca

Meses de xullo e agosto na biblioteca en horario de 9:30 h. a 14:00 h.

Bibliopiscina

Martes e xoves dos meses de xullo e agosto na piscina de 16:00 h. a 18:00 h.

 

15 de xullo de 2014 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.