Uns 300 deportistas participarán no III Open Cidade do Lérez de Taekwondo
Esta fin de semana celebrarase a terceira edición do Open Cidade do Lérez de Taekwondo coa participación de 303 deportistas das modalidades de combate e exhibición. Unha das novidades da presente edición foi a inclusión dos júnior na competición de combate a petición dos propios clubs, xa que ata agora só era das categorías infantil e cadete.
O sábado celebrarase a competición na modalidade de combate (10 a 14 horas e 16 a 19 horas) e exhibición infantil, cadete e adulto será o domingo (de 10 a 14 horas). No Cidade do Lérez participarán máis de 300 deportistas dos clubs Natural Sport de Sada, Taekanart, Mace Sport, CEIP Coirón Dena, Escolas Deportivas de Poio, Mat´s, Garrapucho, Taekwondo Zamora, Luar, Suh Sport, Kido, Olpimpic e Jovems de Ouro de Portugal.
Ademais hai que destacar a presenza de varios medallistas nacionais coma Celia Losada, Nagore Acuña, Yeray Rodríguez, Oiana Gallego, Sara Cortegoso, Artai Pazos e Javier González. O Open Cidade do Lérez, organizado polo Taekanart de Monteporreiro, celebrarse no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.











