Unhas 200 persoas disfrutaron do Festival Folclórico de Brión

Festival Folclórico de Brión
Uns douscentos veciños e veciñas disfrutaron do Festival Folclórico de Brión, celebrado na tarde de onte domingo na praza do Concello de Brión. O tempo acompañou, polo que os asistentes disfrutaron de máis de unha hora de bailes e música a cargo dos alumnos e alumnas da escola municipal de gaita, pandeireta e baile tradicional de Brión e da Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Padrón.











