publicidade hoxe

Unha vintena de emprendedores locais ofrecerán os seus viños e produtos artesanais na mostra de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

A II Mostra de Viños e Produtos das Mariñas chega os próximos 9 e 10 de agosto cunha moi ampliada programación que buscará atraer ao máximo de visitantes posibles para coñecer as variedades autóctonas da reservade biosfera.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o Concello de Betanzos presentaron hoxe a mostra, que levará a cabo no centro histórico da cidade. O alcalde, Ramón García, e o xerente da reserva, Jorge Branco, foron os encargados de dar a coñecer todos os detalles desta edición, que chega cargada de novidades.

Serán un total de 20 os produtores que ensinarán os seus produtos ao público. Haberá un total de 6 adegas do viño da Terra de Betanzos. Polo demais, xuntaranse productores de horta, queixos, mel, xabóns, cervexa ou xeados, entre outros.

Para fomentar que os veciños e visitantes poidan probar todas as variedades, a organización porá á venda dous bonos. Os referentes ao viño, de 10 euros, permitirá catar as 6 marcas presentes nas mostras. Unha copa serigrafiada coa denominación de orixe, como ocorre na festa do Albariño, estará a disposición dos asistentes para ir probando os viños.

Un segundo bono, de 5 euros neste caso, permitirá probar até 5 petiscos dos restantes produtores.

Nesta ocasión, As Mariñas Coruñesas e o Concello de Betanzos configuraron un amplo programa de actividades paralelas, pensadas para toda a familia.

30 de xullo de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.