publicidade hoxe

Unha vintena de cativos participaron nos campamentos municipais de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Unha vintena de nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos de idade, participaron durante estas dúas últimas semanas nos Campamentos Municipais de Verán, organizados polo Concello de Frades e que tiveron lugar en horario de 10:00 a 14:00 horas. Durante estes quince días, os campamentos incluíron numerosos xogos, contos, cancións, bailes e visitas ao campo de fútbol municipal e á piscina de Papucín.

Ademais, os pequenos participaron en distintos obradoiros: de pulseiras, cupcakes, cociña e traballos manuais. Un destes obradoiros estivo protagonizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Tratouse dun taller de iniciación á lingua e literatura galegas no que participaron vinte nenos e nenas de Frades e que foi impartido por Irene Bravo, técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.

O obxectivo deste obradoiro foi fomentar dun xeito lúdico a creatividade dos pequenos, de xeito que realizaron conxuntamente un conto en lingua galega partindo co conto tradicional “Os tres porquiños”. Deste xeito, o Concello de Frades e a Mancomunidade de Ordes buscan estimular actitudes favorables cara o uso do galego na vida cotiá.

30 de xullo de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.