Un xoven resultou ferido de gravidade en Vigo a consecuencia dunha caída desde un tellado

Cuberta pola que se precipitou o xoven
Ás 22:45 horas do día de onte, unha patrulla da Policía Local de Vigo foi comisionada pola Central de Información e Mando para que se dirixisen ao colexio Lope De Vega situado na rúa Emilia Pardo Bazán, onde ao parecer un mozo caeu desde un tellado.
Unha vez no lugar entrevistáronse co requirente, o cal manifestou que unha ambulancia evacuara a un raparigo pouco antes, xa que se caeu da cuberta de uralita do ximnasio, ao precipitarse desde unha altura aproximada de dous metros e medio cando tentaba coller un balón. A patrulla actuante desprazouse ao centro hospitalario para identificar ao accidentado e interesarse polo seu estado, sendo informados de que o mozo sufriu un forte golpe na cabeza atopándose en coidados intensivos.
O mozo que responde as iniciais JB.U.N de 24 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, non tiña permiso da dirección do centro para utilizar as instalacións do colexio. El, xunto cun grupo de mozos, entraron no recinto escolar para xogar ao fútbol, aproveitando que un grupo folclórico se atopaba ensaiando no lugar, ao ir buscar o balón que se quedou sobre o tellado, sobreveu o accidente.











