Un xoven de Vigo agrede na rúa a un amigo da súa exparella tras discutir coa nai da súa filla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+

Sobre as 09:35 horas do día 22 de xullo, unha patrulla da Policía Local de Vigo é requirida a través da Central de Información e Mando por unha cidadá, a cal informou sobre unha agresión na rúa Jenaro de la Fuente.

Pesoada a patrulla no lugar, entrevistouse coa requirente, quen manifestou que momentos antes mantivo unha discusión coa súa ex parella sentimental pola custodia dunha filla en común e que este sen mediar palabra agrediu a un amigo seu pouco despois.

O agredido de 24 anos de idade comunicou que pouco antes cando se atopaba no interior do seu vehículo estacionado, esperando á súa amiga para trasladala ao seu traballo, a ex parella da súa amiga achegouse ao vehículo e sen mediar palabra rompeu co seu cóbado o portelo esquerdo, fracturando o cristal, golpeándolle acto seguido co seu puño na cara.

Unha unidade do 061 trasladou a un centro medico aos ferido momentos máis tarde.

Os actuantes identificaron ao agresor no seu domicilio pouco despois, quen resultou ser I.F.P de 24 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, ao que comunicaron que se efectuarían as oportunas dilixencias xudiciais polos feitos acontecidos con anterioridade.

23 de xullo de 2014 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.