Un total de 56 veciños de Brión realizan unha ruta de sendeirismo na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Percorrido dos veciños de Brión pola ruta na Guarda

Percorrido dos veciños de Brión pola ruta na Guarda

Un total de 56 veciños e veciñas de Brión participaron esta fin de semana na sexta ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Brión dentro do seu Programa de Sendeirismo 2014. Despois do duro roteiro de hai dúas semanas polos cantís e praias de Muxía e de Fisterra, a ruta desta fin de semana foi de dificultade baixa e practicamente cha, aínda que os presentes decidiron animala subindo a pé ata o Monte de Santa Tegra, onde tivo lugar o xantar.

A expedición saíu do porto da Guarda para percorrer 19 quilómetros ao longo do seu paseo marítimo e pola beira esquerda do Miño. Despois do ascenso a Santa Tegra, onde disfrutaron das súas fermosas vistas e do poboado castrexo, a expedición partiu en autobús ata Baiona, onde disfrutaron de varias horas libres antes de regresar a Brión.

1 de xullo de 2014 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.