publicidade hoxe

Un total de 16 alumnos participan no curso de Ocio Inclusivo da Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O curso presencial e gratuito de Monitor de Ocio Inclusivo organizado polo Concello da Baña comenzou esta semana. Esta actividade conta con 16 alumnos inscritos. A duración será de dez horas e desenvolverase durante tres días (o pasado lunes, mañán día 20 de xullo e o próximo 1 de agosto). Esta iniciativa pioneira trata de afondar no eido do ocio, da educación non formal e na intervención con persoas en risco de exclusión e coletivos de especial vulnerabilidade, centrándose na discapacidade. Vai dirixido a todas as persoas que teñan interese en ampliar os seus coñecementos neste campo, acadar ferramentas propias do ocio inclusivo e mellorar as súas estratexias adaptadas á diversidade

A concelleira de Educación e Cultura da Baña, Alicia Blanco, lembra que con este curso trátase de abrir a oferta de ocio “a todos, sin ningunha distinción”.

29 de xullo de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.