publicidade hoxe

Un novo robot cortacéspede chega a Allariz para revolucionar o mundo da xardinería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Festival de Xardíns de Allariz ofrece mañá, día 4, unha charla sobre tecnoloxía aplicada á xardinería coa intención de dar a coñecer aos veciños alaricanos estas novas técnicas de xardinaría.

En colaboración coa empresa Greens Power Productos S.L, os Xardíns de Allariz ofertan esta actividade totalmente gratuíta para todo aquel que teña interese no coidado e mantemento de xardíns.

Como responsable de formación e demostración contarase con Pedro Siller, que explicará o funcionamento do Robot Cortacéspede e atenderá todas as posibles dúbidas e preguntas que poidan xurdir.

A cita terá lugar no recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz ás 19 horas e dende o concello convidase de novo a todo aquel que o desexe a indagar un pouco máis sobre esta actividade tan propicia neste tempo de verán.

3 de xullo de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.