Un home maltrata á cadela da súa noiva alegando que simplemente a estaba rifando
Ás 19:40 horas do día 15 de xullo, axentes da Policía Local de Vigo foron comisionados pola Central de Información e Mando para que se trasladasen á rúa Santo Cristo, onde ao parecer se estaban producindo uns malos tratos a un can.
Acudida a patrulla no lugar, entrevistáronse co requirente, quen manifestou que pouco antes puido observar como un home que se atopaba no lugar, propinou patadas con todas as súas forzas a unha cadela que tiña acurralada nunha esquina e que el mesmo tivo que dar refuxio ao animal no seu garaxe para evitar que seguise maltratándoa.
Os axentes actuantes procederon a identificar ao suposto agresor do animal, quen resultou ser R.C.S, de 44 anos de idade, nacido en Basilea (Suíza), con domicilio na Coruña, o cal manifestou que simplemente estaba rifando á cadela e que era da súa noiva.
Á vista do exposto e despois de comprobar que a cadela coxeaba, posiblemente polos golpes recibidos e do testemuño tanto do requirente como o dunha testemuña, procedeuse a dar aviso á protectora de animais para que se fixesen cargo do can, dando conta posteriormente á autoridade xudicial ao tratarse dun delito de malos tratos animais.











