Un curso de verán en Mos permitirá aos alumnos da ESO recuperar en setembro asignaturas suspensas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

13 alumnos e alumnas da ESO están a participar no curso de verán para recuperar asignaturas que organiza a concellería de Educación dirixida pola edil Kely Monzón, que precisamente esta mañá facíalle unha visita ós rapaces e rapazas participantes na iniciativa para interesarse pola súa evolución nas clases.

O curso de verán iniciouse o pasado 14 de xullo e rematará o día 29 do vindeiro agosto. Un mes e medio de clases de apoio no que os estudiantes de Educación Secundaria Obrigatoria reciben diariamente sesións educativas de repaso e apoio dos contidos suspensos durante o pasado curso escolar, para tratar de recuperalos en setembro.

As materias que se están a abordar neste curso de apoio son matemáticas, con 13 alumnos, lingua galega con 6 alumnos, e lingua castelá, con 7 alumnos. O número total de participantes, como xa se dixo antes, ascende a 13.

Este programa de reforzo educativo vai dirixido ó alumnado da ESO que necesite recuperar algunha materia nos exames de setembro. A actividade está baseada nunha acción formativa deseñada no desenvolvemento de coñecementos formativos en canto ás materias suspensas, cunha parte fundamental de técnicas de estudo e motivación para o estudo. O obxectivo principal é asegurar os resultados a curto prazo na seguinte convocatoria de exames.

A proposta baséase nun programa de actividades prácticas e teóricas segundo os contidos concretos das materias foco de atención. Ademais como valor engadido, pero de maneira transversal, dánse pautas de traballo e aspectos básicos sobre as técnicas de estudo e motivación.

Este programa está a ser impartido por profesionais titulados para garantir a calidade da formación.

Os mozos e mozas que están a beneficiarse deste programa son alumnado do IES de Mos que estivera realizando no curso académico 2013-2014, algún dos niveis da educación secundaria obrigatoria (1º, 2º, 3º ou 4º da ESO), e lle quedaran as materias de galego, castelán, e/ou matemáticas para recuperar na avaliación extraordinaria que terá lugar no mes de setembro.

Esta actividade realízase nas aulas do Multiusos do Concello de Mos. O curso ten unha duración 7 semanas, comezando o día 14 de xullo ate o 29 de agosto, en horario de mañá, de 9:00 horas a 13:30 horas.

21 de xullo de 2014 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.